Martín Códax irrumpe tamén no Ribeiro


Bodegas Martín Códax comercializará os viños da cooperativa ourensana San Roque de Beade,viños con D.O. Ribeiro, brancos e tintos. A sinatura do documento para a constitución desta sociedade foi asinado en presencia do conselleiro do Medio Rural, José González e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos,

Desta meneira a bodega cambadesa, que ten os cimentos na D.O. Rías Baixas, ten tentáculos postos en Monterrei e no Bierzo, e agora irrumpe tamén no Ribeiro.

Este acordo ratifica -segundo se aprobou por unanimidade na asemblea da cooperativa- a incorporación á sociedade, como inversor, de Bodegas Martín Códax, cunha aportación de 450.000 euros que reforzará o seu capital social. A Xunta -a través de Xesgalicia, adscrita á Consellería de Economía, Industria e Innovación- tamén colaborou con esta iniciativa empresarial no 2022 cun préstamo participativo de 150.000 euros para o desenvolvemento deste proxecto.