Os hoteis da cidade rexistraron un “case cheo” durante a primeira fin de semana do Nadal. Abel Caballero informou que a ocupación hoteleira foi do 97%. As estimacións municipais cifran en máis de 300.000 os asistentes ao centro da cidade durante esta primeira fin de semana. “Moitas persoas paseando polas rúas e cada media hora a árbore de Nadal en Porta do Sol congrega a milleiros de persoas”, afirmou o rexedor.
Durante a fin de semana Papá Noel chegou a súa casa situada en Policarpo Sanz, onde os máis cativos poden achegar as súas cartas cos seus desexos. Amais, o rexedor tamén acudiu á apertura do Belén Monumental en Casa das Artes.