A APEHL pide medidas compensatorias ao concello pola taxa das terrazas no 2002


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) tras a reunión da súa Xunta Directiva quere facer público que este colectivo empresarial está á espera de ser convocada pola alcaldesa , Lara Méndez, para coñecer cales serán as medidas compensatorias que adoptará o Concello para paliar o cobro das taxas das terrazas correspondente ao ano 2022, que finalmente terán que asumir os hostaleiros lucenses a pesar de ser publicado un bando no que se recoñecía que o seu pago quedaría eximido.