O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou en Expourense, na inauguración da sexta edición de Sportur Galicia e do IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte, que se celebran de xeito complementario ata hoxe, 1 de decembro.
Esta dobre cita vencellada ao turismo activo e deportivo analizará o impacto no turismo da organización de grandes eventos deportivos, actividades que contribúen á desestacionalización e á achega visitantes de proximidade. Ambos eventos, de acceso gratuíto, promocionarán a Galicia como un destino atractivo e competitivo para o turismo deportivo convocando a profesionais de toda a Península.
Deste modo, unha vintena de relatores analizarán no congreso o potencial turístico do deporte e presentarán experiencias de éxito na organización de eventos deportivos, mentres que o Salón do Deporte e Turismo Activo reunirá a medio cento de expositores que estarán ofrecendo un completo programa con máis de 50 exhibicións e adestramentos.