Os viños de Valdeorras estarán representados en Vinepo


O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras deu o visto bo á participación do organismo na Feira Vinexpo, unha das máis relevantes de Europa, que se celebrará en París entre o 12 e o 14 de febreiro.

O Consello Regulador acudirá a esta feira baixo o paraugas da Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga) constituída ao abeiro dun convenio entre as diferentes denominacións de orixe vitivinícolas galegas e a de augardentes e licores e o Igape.

Deste xeito, a promoción dos viños que se realice en París será conxunta coa doutros territorios amparados galegos e apoiada pola Xunta de Galicia, se ben o espazo expositivo común no salón parisino contará con corners específicos para cada un dos consellos reguladores. O prazo para as adegas da comarca interesadas en participar na feira poidan enviar os seus viños ao Consello Regulador permanecerá aberto ata mediados de xaneiro.

Doutra banda, o Pleno do organismo aprobou a celebración da que será a XXV Feira do Viño de Valdeorras no mes de xullo. En concreto, as datas elixidas son o 8 e o 9 de xuño.