Gadis entrega 168.300 quilos de produtos de alimentación non perecedoiros, de droguería e hixiene, e 97.748 € a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. Unha axuda que é posible grazas á solidariedade mostrada, unha vez máis, polos seus clientes durante a campaña “La Gran Recogida”, que se levou a cabo en todos os seus puntos de venda os pasados días 24 e 25 de novembro.
A cadea quere poñer en valor o xesto altruísta dos seus clientes, ademais da implicación dos seus traballadores, así como a participación dos voluntarios durante o desenvolvemento desta iniciativa solidaria que emprende cada
Por outra banda, GADISA retail abre na Pastoriza un Claudio Express. Un concepto de tenda franquiada para facer unha compra rápida, cómoda e económica cunha sala de venda de 60 m2, que pon ao dispor dos clientes unhas 600 referencias de produtos de alimentación, droguería e hixiene. A variedade está seleccionada para satisfacer as necesidades básicas dos consumidores.