Turismo de Galicia, sobresainte en implantación da calidade turística



A Xunta de Galicia vén de ser seleccionada como unha das seis candidatas a converterse na mellor administración supramunicipal española na implantación de sistemas de calidade turística no seu territorio. A Secretaría de Estado de Turismo, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) outorga cada ano estes premios como recoñecementos público ao labor realizado por profesionais, institución, servizos turísticos e destinos pola mellora de calidade na xestión.

No caso da Comunidade galega, a candidatura pon en valor o traballo levado a cabo por Turismo de Galicia na promoción, difusión e apoio á implantación de sistemas de calidade tanto en empresas como en destinos galegos. En concreto, valórase o traballo do Goberno autonómico a favor dun bo desenvolvemento do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), o proxecto que mellora a calidade dos destinos turísticos en España.