Aberto o prazo para a preselección do cartel da Feira do Viño do Ribeiro


Dende mañá, venres 19 de xaneiro, e ata o domingo 28 de xaneiro, toda persoa que o desexe poderá participar na selección do cartel que representará a 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2024.Os interesados deberán persoarse no local social da Madalena (situada no barrio xudeu de Ribadavia) entre o 19 e o 28 de xaneiro (ambos incluídos) en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas para ver a exposición pública dos 74 carteis que se presentaron ao concurso. Alí mesmo, se lles fará entrega dun formulario para votar polas cinco obras que máis lle gusten.

Desta preselección sairán elixidos un total de 20 cartaces, os máis votados polo público final. A selección do gañador do concurso (que será premiada con 1.000€) farase na primeira semana de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convocou a finais de 2023 un concurso de carteis, dirixido a deseñadores e artistas profesionais, para seleccionar o que vai representar a 61ª Feira do Viño do Ribeiro.