Cerdedo-Cotobade celebra este domingo a Festa do Petote


Chega unha nova edición, a décimocuarta, da Festa do Petote a Cerdedo-Cotobade. Será este vindeiro domingo 4 de febreiro na que participan 8 establecementos hostaleiros do concello ofrecendo un completo cocido con este bolo feito de millo e centeo a un prezo por comensal de 23 euros. O petote que na Cañiza chamn petelo e noutras localidades bolo do pote tamén bolo do cocido.

Non faltará, como ven sendo habitual,n a tradicional degustación popular gratuíta na Praza da Chan, en Carballedo, a partir das 12:30 horas, amenizada polos “Festicultores”.

Nesta ocasión participan como establecementos colaboradores os seguintes: A de Tucho (Augasantas-670 971 785), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 996), A Vosa Taberna (Borela-986 763 044), Mesón Casa Perdiz (Aguasantas-649 732 485), A de Yoli (Tenorio-986 069 767), O Comareiro (Cerdedo-638 434 734), Bar Obélix (Tenorio-986 061 000) e O Castiñeiro (Pedre-670 434 498).