Hostelería de Galicia insta á defensa da seguridade dos produtos do mar galegos


Diante da contaminación de praias o os nosos mares polos pelets de plático, Hostelería de Galicia, confederación integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, salientou a necesidade de defender a calidade e a seguridade dos produtos do mar galegos, tanto peixes e mariscos, que se ofrecen e elaboran nos locais hostaleiros de toda a nosa comunidade.

O presidente da confederación, Cheché Real, asegurou que “os nosos produtos contan coas máximas garantías e chegan aos consumidores tras superar estritos controis de calidade”. “Os clientes da nosa hostalería e tamén os consumidores que compran nas nosas prazas e mercados poden estar seguros de que poderán gozar de alimentos de calidade”, engadiu.

Desde Hostelería de Galicia apuntan ademais que “os peixes e mariscos do mar galego chegan aos nosos establecementos en perfecto estado, baixo controis moi rigorosos, e o seu cociñado diario nos nosos fogóns garante uns menús exquisitos e con total seguridade”