A Feira do Viño do Ribeiro 2024 xa ten cartel que chega dende Lyón


O xurado do Concurso de Carteis da 61ª Feira do Viño do Ribeiro racaba de elixir o cartel anunciador da Feira do Viño do Ribeiro 2024, que terá lugar na vila ribadaviense do 3 ao 5 de maio. Este afiche foi deseñado por Alexandra Pérez Quiroga, galega residente en Lyon (Francia), e foi elixido entre 74 propostas presentadas nesta edición do concurso.

No seu traballo, como na vida real “intenta dar un toque de humor, simbolismo e accesibilidade. Creando composicións que desapertena alegría, a curiosidadee que o público poida conectar nese sentido.” O seu traballo artístico inspírase na mitoloxía, a natureza e a cultura popular. A artista tamén indica que “lle interesa moito o misticismo do folklore coma os contos e as historias de tradición oral galegos”.

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 61ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado integrado por profesionais no ámbito do deseño gráfico e dos coorganizadores da Feira do Viño. O grupo tivo que deliberar entre 20 obras preseleccionadas polo público. Un total de 354 persoasemitiron os seus votos durante o prazo, que foi dende o 19 ata o 28 de xaneiro. Todas elas foron sometidas ao xuízo, resultando a obra gañadora premiada con 1.000€.