A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos 2024, que organiza Hostelería de España co respaldo de Alimentos de España, Mahou San Miguel e Makro, por Rubén David Goyzueta, do restaurante Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, gañador do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, celebrado na cidade durante o pasado mes de novembro.
A competición celebrase hoxe mañán no marco de Madrid Fusión, coa participarán de trinta e dous establecementos hostaleiros en representación das asociacións e federacións provinciais de hostalería, na que rivalizarán por gañar o premio á Mellor Tapa/Pincho. O representante de Lugo presetará Salmonete de Burela sobre parmentier de apionabo, zamburiñas da ría, espuma de nécora, caldiño de algas e aceite de oliva virxe extra de Quiroga.
Co patrocinio da área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, a Deputación de Lugo, o Concello de Quiroga, Estrella Galicia, Pemento de Mougan e INPE, a provincia de Lugo defenderá a súa candidatura neste campionato, que terá lugar no contexto do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión e que se desenvolve anualmente na capital. O evento aglutina os distintos campionatos do país para fomentar a profesionalidade do sector e pór en valor a tapa como elemento esencial da gastronomía española.