A Lei de calidade alimentaria entrará en vigor este mes


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou en Ourense na inauguración do II Congreso de Viticultura Sostible, que tivo lugar en Expourense. Alí, puxo de relevo a nova Lei da calidade alimentaria, que entrará en vigor este mes, na que se desenvolve a necesidade dun equilibrio necesario entre a produción primaria e a sustentabilidade, baseándose no seu aspecto social, económico e medioambiental.