Os produtos vitivinícolas galegos contan con gran presenza na feira Barcelona WineWeek, que se celebra desde este luns ata mañán mércores, 7 de febreiro, no recinto feiral de Montjuïc, na Cidade Condal, e na que a Xunta está presente para apoiar ao sector da nosa comunidade, representado neste evento con máis dunha trintena de adegas. .
Neste sentido, Galicia conta cun espazo propio no que se poden degustar os viños, augardentes e licores premiados nas Catas de Galicia 2023, ademais dos stands dos consellos reguladores a de adegas expositoras. A Barcelona WineWeek trátase dunha feira cun marcado carácter internacional, e que supón unha gran oportunidade comercial para as bodegas expositoras.