Novo Claudio na zona portuaria de Vigo


Gadisa suma en Vigo un novo Claudio Express, localizado na zona portuaria da capital olívica, concretamente na Avenida de Beiramar. Un concepto de tenda rápida, cómoda e económica para completar os servizos do complexo, que conta tamén con gasolineira, cafetería, prensa, boxes de lavado e aspirado e butano.

O punto de venda da compañía líder de distribución en Galicia está pensado para cubrir as necesidades básicas de alimentación, droguería e hixiene dos clientes, que teñen á súa disposición unha variedade seleccionada de 700 artigos.

A aposta da compañía por Vigo reflíctese en que este é o sexto Claudio Express que abre na cidade. Os outros cinco están situados no barrio do Calvario (Rúa Portela), a Avenida de Madrid, Avenida do Aeroporto, Praza de España e Rosalía de Castro.

Este complexo xera 12 postos de traballo. Más de 950 profesionais forman parte do equipo humano da franquía Claudio, que contribúe á dinamización socioeconómica, principalmente de pequenos e medianos núcleos de poboación.