Tomás Ucha repite como Campión Galego de Sumilleres

 


Tomás Ucha, do Berria Wine Bar de Madrid, é o novo campión galego de Sumilleres que caba de celebrarse en Vigo, e representará a nosa Comunidade autónoma no campionato nacional, que terá lugar o vindeiro mes de abril no marco do Salón Gourmets. Ucha xa se había proclamado camión deste concurso no ano 2022, sendo naquela edición subcampión Ismael López.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, colaborou neste certamen aportando os viños premiados cos acios de ouro nas Catas de Galicia 2023.  

Ademais, a Agacal organizou tamén un relatorio informativo, no que se puxo en valor a importancia dos selos de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios galegos e a súa importancia para o impulso e promoción destas figuras no sector vitivinícola.