A Agacal descobre ProWein e alí presenta credenciais



A Xunta terá por primeira vez presenza institucional na feira ProWein, que se celebrará na cidade alemá de Düsseldorf do 10 ao 12 de marzo, e na que promocionará os viños de 16 adegas galegas participantes, co obxectivo de abrir novos mercados e seguir impulsando este sector. 

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará neste certame -líder a nivel internacional no sector do viño e as bebidas espirituosas- cun posto propio, baixo o que integrará ás empresas vitivinícolas que, xunto cos consellos reguladores -que tamén estarán presentes dentro do stand de Galicia-, representarán en Alemania ás cinco denominacións de orixe de viños de Galicia.

A presenza da Xunta permitirá integrar baixo un espazo propio identificado como “Galicia” ás adegas participantes en Prowein e aos propios consellos reguladores, favorecendo a representación conxunta dos viños da nosa comunidade, ademais de ofrecer apoio técnico e un programa de actividades interesantes para os profesionais do sector.