Aumenta a familia co selo de Artesanía Alimentaria


Xeou! Helados (xeados), Mamá Teresa (repostería), Quintián (queixos) e Traloagro (elaboración de produtos cárnicos) son as novas empresas que se unen ao listado de operadores que xa formaban parte do selo Artesanía Alimentaria. A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, entregou as catro novas cartas a artesás a operadores que se unen ao selo de Artesanía Alimentaria, no marco da celebración da segunda edición de Merca Delicadeza en Lalín.

A Consellería do Medio Rural puxo en marcha este distintivo no ano 2020, na procura dun sector estruturado en concordancia dos requisitos establecidos pola Unión Europea. Ademais, co fin de protexer o bo facer dos artesáns, busca defender a súa profesión ante etiquetaxes enganosos así comoconservar e preservar as elaboracións de produtos artesanais tradicionais, tan arraigados á cultura galega e que forman parte da nosa historia.