A Xunta de Galicia invita aos produtores de requeixo e mel a integrrse no selo Artesanía Alimentaria de Galicia. Fixoo o director da Agacal, José Luis Cabarcos, nunha xornada técnica sobre este distintivo de calidade celebrada no concello pontevedrés das Neves como prolegómeno da Festa do Requesón e do Mel que se celebrará na citada localidade miñota o Venres Santo..
Cómpre lembrar que o mel artesá producido en Galicia ten que cumprir os requisitos e traballar baixo a IXP Mel de Galicia, polo que Artesanía Alimentaria actúa dun xeito complementario ao do selo de calidade diferenciada.
En relación ao requeixo, para poder considerarse
artesá só poderán empregarse como materias primas leite de vaca enteiro, callo
(opcional) e fermentos lácticos.
Nas Neves está radicada unha cooperativa que se adica a eleboración de requixo, a cooperativa Condado Paradante, que tamén comercializa mel i é a principal impulsora da Festa do Requeixo e Mel xunto co concello da localidade.