Sober bendice o ramo con viño de Amandi



Arranca en Sober a Feira do Viño de Amandi, que este ano acada a cuadraxésimo cuarta edición. Comeza hoxe venres e rematará o Domingo de Ramos, que é o día forte desta cita báquica, a máis popular na D.O. Ribeira Sacra. 

Os asistentes poderán degustar diferentes produtos gastgronómicos da zona acmpañados dos viños que se producen nesta subzona dunha denominación na que reinan os tintos, especialmente os varietais de Mencía -sen esquecer aos brancos coa Godello como emblema- e que abrangue a municipios das provincias de Lugo e Ourense.

Mañán sábado pola tarde terá lugar a precata oficial, e o domingo, para media hora antes do mediodía está programada a cata oficial. Tras a recepción de autoridades na Casa do Concello, ás 13 horas a xornalista Lucía Rodríguez procederá a lectura do pregón, que darás paso á entrega de premios.

Máis alá das actividades, que rematarán no serán do domingo coa actuación da orquestra Los Satélites, o realmente imporante nesta cita báquica é a degustación dos viños de Amandi que xa seica poñían un pouco peneques aos romanos.