O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl)celebrouse no hotel Méndez Núñez de Lugo. Durante a Lucense fíxose entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, homenaxeando así a traxectoria de a Carlos Rodríguez e Jaime Eiras, da Cafetería Nevada, de Lugo; José Ramón Fernández, do Restaurante Mazo de Santa Comba, de Lugo; Carmen Maseda e Horacio Rodríguez, do Restaurante Río Lor, de Quiroga, e Manuel Penas, do Restaurante La Casilla, de Guitiriz.
A Apehl entregoulle ademais unha mención especial a Víctor Fernández, pola súa constancia, xa que desde o ano 1986 acudiu a todos os encontros anuais da Asociación. Por outra banda, a insignia de ouro da Apehl foille entregada a José Luis Yzuel, presidente de Hostelería de España desde 2017. Iniciou a súa vinculación co mundo asociativo no ano 2001 coa presidencia da Asociación de Restaurantes de Zaragoza e actualmente é tamén membro da xunta directiva da CEOE, vicepresidente da Comisión de Turismo da CEOE e vicepresidente de Saborea España.
O evento reuniu a preto de 200
persoas, entre hostaleiros, autoridades, representantes das diferentes
denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e produtores de
razas autóctonas de Galicia, así como a provedores e profesionais do sector.