Gadis fortalece a súa aposta de achegar a cultura ao maior número de persoas cun completo programa de patrocinios e colaboracións con especial protagonismo para os festivais musicais e audiovisuais, ademais das festas populares, que contribúen ao arraigamento das tradicións en toda a xeografía galega. En total, a empresa colabora con máis de 150 citas culturais relevantes de diversa índole, que concentran a miles de persoas en toda Galicia, incluíndo as celebracións populares e gastronómicas.
O Son do Camiño inaugura este xoves o calendario dos grandes festivais de música que se van a celebrar en Galicia durante os próximos meses. Grazas a unha promoción realizada por Gadis no mes de abril, máis de 450 clientes gozarán de forma gratuíta dos concertos e espectáculos que concentrarán a miles de persoas no Monte do Gozo este fin de semana. A cadeateráunhamaiorpresenzanesta cita musical cunha caseta propia na que os festivaleros poderánfacerse con diferentes agasallos.
A música con Gadis tamén soará noutros eventos relevantes, como o Portamérica (Caldas); o Planeta Sound Festival (Ponferrada); o Festival da Luz (Boimorto); o Atlantic Fest (Vilagarcía); o Revenidas (Vilagarcía); o Festival Sinsal (Redondela); a Carballeira de Zas;o Festival de Ortigueira;o OurenSoundFest; 17º Ribeira Sacra;RecordaFest; e Río Verbena Fest; entre outras citas do ámbito musical.
En canto á industria audiovisual, cabe sinalar o apoio de Gadisao Festival de Cans (O Porriño); o Play Doc (Tui); o FIC Bueu; o Ourense Film Festival; o Festival de Cinema de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.
Como empresa 100% galega, Gadis está comprometida coas festas populares, que son elemento vertebrador para numerosas localidades, axudan a manter vivas as tradicións e supoñen un importante arraigamento cultural. Diversas celebraciónstradicionais e gastronómicas contan coa axuda de Gadis, como o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Albariño (Cambados), a Festa do Polbo do Carballiño e a Festa do Polbo de Mugardos. Tamén a Festa daMerluza de Celeiro, Festa do Viño Tinto do Salnés de Barrantes en Ribadumiae a Feira do Viño de Amandi (Sober).