Pantón está de festa, do viño


A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,acompañada polo director xeral de Agricultura, Gandaría e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros,e polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asistiu este mediodía á XXIX Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra ao longo desta fin de semana na localidade lucense.

Nesta visita, a conselleira puxo en valor este tipo de mostras como escaparate da calidade da despensa galega e máis concretamente dos viños desta denominación de orixe. Gómez reafirmou, ademais, o decidido apoio da Xunta a este tipo de certames e, en xeral, a todo o que ten que ver co fomento e promoción das producións alimentarias galegas de calidade diferenciada.