Representantes da Guía Peñin catan na Ribeira Sacra


Dous representantes da Guía Peñín estiveron na Ribeira Sacra para realizar unha exhaustiva cata de 88 viños. Durante a sesión avaliaron unha ampla variedade de viños elaborados nesta D.O.que referencirán na próxima publicación. A Guía Peñín é un referente para os amantes do viño e os profesionais do sector, e a súa visita subliña o crecente prestixio da Ribeira Sacra no mundo do viño.

Esta cata segue a recente visita do sumiller Ferran Centelles, que o pasado 16 de maio acudiu tamén ao Consello Regulador da Ribeira Sacra para realizar unha cata dos viños da comarca. Centelles, recoñecido sumiller e colaborador do equipo elBulli, destacou a singularidade e calidade dos viños desta comarca vinícola e a súa potencialidade.