Más de 28.500 estudantes de Galicia e Castela e León participaron no programa durante o curso que acaba de finalizar. Un novo récord que a compañía valora positivamente xa que, ano tras ano, continúa aumentando o número de escolares cos que se profunda de forma teórica e práctica sobre conceptos como a alimentación saudable, o consumo responsable e a sustentabilidade. Tamén incrementou o total de centros educativos rexistrados no plan: 479 colexios de diferentes localidades Galicia e Castela e León.
O propósito de Supermercados Gadis é impulsar a educación de calidade, os hábitos saudables e a vida activa entre os máis pequenos. Os catro eixos ao redor dos que vira o programa son a alimentación sa, a práctica de exercicio físico, a responsabilidade no consumo e a redución do desperdicio alimentario, obxectivo ao que contribúen os pequenos xestos cotiáns.