A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea anual na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago. No transcurso da xuntanza, púxose de relevo “a importancia da nova convocatoria do Programa `Benestar en Balnearios 2024´ da Xunta de Galicia para a o sector galego, tanto para as empresas como para o conxunto das comarcas nas que se atopan”, destacando en particular o incremento no número de prazas. Fíxose un repaso pola situación do sector e abordáronse os proxectos que se van poñer en marcha nos vindeiros meses.
Na fotografía, de esquerda a dereita: Benigno Amor, xerente da Asociación; Antonio Garaloces, vicepresidente da Asociación e director do Balneario de Lugo; Vincent Boyer, de Caldaria; Ángel Durán, director do Balneario de Compostela, situado en Brión; Jesús Garriga, secretario da Asociación e director de Caldas de Partovia; María Soledad Espiño, presidenta de Balnearios de Galicia e xerente de Termas de Cuntis; Antonio Freire, director dos balnearios de Augas Santas e Guitiriz; e David Pereira, director do Balneario Dávila.