O XIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2024, que se celebrou do 30 de maio ao 2 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) pechou as súas portas tras celebrar unha exitosa cita co apoio da Axencia Turismo de Galicia.
Así, nesta edición alcanzou cifras récord tanto en número de expositores directos, ao aumentar un 3,1% e chegar aos 98, como en superficie, ao incrementarse un 2,6% e alcanzar 1.624 metros cadrados.
Unha mostra de propostas e destinos que, xunto coa exposición da 46ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, foi visitada finalmente por 84.673 persoas, desde o xoves ata o domingo ao peche da feira.
Ademais da súa área expositiva, destacaron as distintas exhibicións e degustacións das máis de cincuenta festas presente na X Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), enmarcada en Turexpo Galicia; o seu VII Encontro de Bloggers de Turismo e tamén a súa Bolsa de Contratación Turística.
Esta Bolsa de Contratación volveu converterse nunha efectiva plataforma comercial para o sector coa celebración de máis de 2.300 reunións de negocio nas que 160 empresas e destinos puideron mostrarlles as súas propostas a 33 operadores turísticos con presenza en once países, como son Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, España, Italia, Israel, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Xordania e Filipinas. Estas eran, na súa maioría, axencias tradicionais ou axencias de “incoming”, buscando outras especificamente propostas relacionadas co turismo de benestar, de incentivos, familiar ou relixioso.
Estes operadores turísticos reportaron á organización a súa satisfacción coas propostas e destinos que puideron coñecer no salón, realizando mesmo máis contactos de calidade do que esperaban, ademais de sinalar algúns deles que este tipo de encontro permítelles “ facer máis negocio que en eventos de Madrid, Berlín ou Londres, onde hai demasiada xente”. Pola súa banda, as empresas participantes na Bolsa, destacaron que as súas expectativas de negocio son altas.
A estas mesas engadiuse unha pequena viaxe de familiarización no que participou a maioría de operadores turísticos asistentes á Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia.do o centro histórico de Compostela.