Coa chamada do mar Pereira rompe augas




“Chamoume o mar para romper augas” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. A escritora galega e Premio Nacional de Poesía, Olga Novo, é a autora desta mensaxe.

“Estafrase tan evocadoravai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende hai xa doce anos, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Olga Novo que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo”, apunta Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

En palabras de Olga Novo, “síntome feliz e honrada de levar as miñas palabras a este muro marítimo e dar continuidade a un ronsel poético no que me precederon xa outros/as compañeiros escritores na nosa lingua. Agradezo, pois, a o Grupo Pereira a invitación a sumarme a esta apertura oceánica, de vida e liberdade, no Vigo do meu amigo”.

A frase de Olga Novo releva á do fundador da compañía, José Pereira Álvarez, “O paso do boi é lento pero seguro”, unha frase do patrimonio cultural galego que o empresario converteu nunha filosofía de empresa e de vida.

A presentación do novo valo tivo lugar este venres 28 de xuño a bordo do buque de pesca de Argos Pereira. O acto contou coa presenza de Olga Novo así como dos responsables do Grupo Pereira, José Enrique Pereira Presidente da compañía, Luis López-Boado Prieto Xerente e Ruy Andrade, Director de Comunicación.