Luz verde á elaboración de rosados en Valdeorras


O pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou as modificacións no Prego de Condicións que permiten o amparo dos viños rosados, e escumosos tintos e rosados, elaborados polas adegas da comarca.

A intención do Consello Regulador con esta aprobación antes do mes de agosto é “conseguir que a Xunta publique este acordo antes da vendima deste ano”. Así o explicou o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, consciente das moitas adegas que elaboran este tipo de viños coas variedades de uva da comarca, que espera podan gozar do amparo na maior brevidade posible.

No mesmo pleno aprobouse a auditoría de contas do ano 2023 e a súa memoria, ademáis da elección da empresa de contratación de vedores para a vendima 2024. Quedou aprobado tamén o acordo de paralizacón das catas en periodo de vendima e varios trámites administrativos no que a rexistros e certificacións se refire.