A Granxa Educativa Agrogandeira S.L. (queixería O Rexo), situada no concello ourensán de Allariz, recibiu licenza de uso da marca de Artesanía Alimentaria así como da carta de artesán que recolleu da man do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparteo o responsable da elaboración destes queixos, HéctorVaquerizo.
Esta empresa elabora de xeito artesanal e comercializa diferentes produtos lácteos, tales como o propio queixo O Rexo (curado e elaborado con leite cru de ovella en pastoreo), o queixo Corga, o iogur Torneiros ou a sobremesa Corga. Con esta nova incorporación xa son 126 os operadores inscritos en Artesanía Alimentaria.