A Denominación de Orixe Rías Baixas ven de incorporar unha nova variedade de uva, logo de que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) recoñecese como variedade autóctona a uva branca Ratiño, única en Galicia, e que está documentada desde hai un século.
Corría o ano 1929, cando Nicolás García dos Salmóns, director da Estación Ampelográfica Central do Ministerio de Agricultura, rexistrou a primeira mención de Ratiño en Barro.Agorra, a aprobación oficial culmina unha década de investigación e procesos administrativos impulsados pola adega Viña Moraima.
A cooperativa de Barro foi triste protagonista nas últimas semanas víctima atentado en toda regra ao aparecer cortadas da noite para a mañán unhas 900 cepas de viñedo na súa principal parcela, taladas por algún desalmado..
A Resolución da AGACAL publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado 13 de agosto e supón a modificación do Prego de Condicións da Denominación de Orixe Rías Baixas para incluír esta variedade.
En 2021 o BOE publicou a incorporación da Ratiño Galega como variedade comercial e en 2023 o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación incluíunas ntre as autorizadas para o seu cultivo e vinificación en Galicia.