A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) abriu as portas do posto …E para
comer, Lugo en Lisboa. Deu así comezo á promoción turística e gastronómica que fará da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores.
comer, Lugo en Lisboa. Deu así comezo á promoción turística e gastronómica que fará da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores.
O obxectivo da Apehl con este proxecto, que xa vai polo seu duodécimo ano, é presentar a provincia de Lugo no seu conxunto, dando a coñecer todo o bo que esta provincia ten para os visitantes. “Mostramos ao mundo as paisaxes, a cultura, o patrimonio artístico, os nosos produtos e a nosa gastronomía para que cada ano Lugo como provincia sexa recoñecida polos turistas e todos saiamos gañando”, apuntou o presidente da Asociación, Cheché Real.
Para iso, o estand …E para comer, Lugo instalarase na zona VIP das 21 saídas de etapa desta edición, 18 delas en diferentes comunidades españolas e as tres primeiras nas portuguesas Lisboa, Cascais e Lousã. Será o persoal da Asociación quen atenderá os asistentes (ciclistas, patrocinadores, xornalistas especializados, visitantes...) e difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica …E para comer, Lugo, ademais de servir aperitivos elaborados con produtos da terra.
Todos os petiscos repartidos serán cociñados con produtos facilitados por colaboradores como os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo de O Cebreiro, Queixo de Tetilla, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Asoporcel, Armadores de Burela, Afapan, Aceite de Quiroga, Acruga, Galletas Daveiga, Montepicato ou Estrella Galicia.
A Apehl conta tamén co apoio de El Progreso, INPE, Transportes Valín, o club CD Burela FS, a asociación Cociñeiros Lugo e Cafés Candelas.