Gadis emprega a 8.558 profesionais



Gadisa Retailxeroupreto de 1.000 empregos directos desde o 2019, dos que 342 creáronse durante o último ano. A captación de novo talento e o mantemento de emprego estable e de calidade forman parte do compromiso da compañía 100% galega coas persoas, a economía e a súa contorna. Cun equipo humano composto por 8.558 profesionais a peche de ano, afiánzase como a empresa galega do seu sector que máisemprego sostén. Avanzar cara ao futuro con solidez e prosperidade é o seu propósito para aumentar o impacto positivo a través da sustentabilidade económica, social e ambiental.

A xestión das persoas e dos equipos está apoiada polo seu modelo de negocio, que xera valor engadido pola atención personalizada no mostrador tradicional das seccións de produto fresco dos Supermercados Gadis. Este factor diferencial potencia o emprego cualificado para os profesionais que traballannasseccións de peixaría, carnicería, frutería e charcutería. Perfís moi especializados que ofrecen, á súa vez, un trato de calidade e marcado polaproximidadeaosseus clientes.

Os piares sobre os que Gadisa, segundo expoñen dende a empresa, desenvolve a súa política de recursos humanos son a atracción de novo talento, a retención dos traballadores senior pola súa capacitación; e a formación e promoción interna para o crecementopersoal e profesional de todas as persoas que forman parte da organización.

Os plans para potenciar as habilidades dos traballadores e enriquecer a súa bagaxe formativa alcanzaron a 3.064 persoas en 2023, ano no que 89 alumnos de formación ocupacional realizaron prácticas empresariais nas diferentes seccións e nas caixas. Isto supuxo unha oportunidade laboral para as persoas que se incorporaron aopersoal da compañía grazas a esta formación.