Godello e Mencía de Valdeorras maridan coas estrelas dende Trevinca



Estrelas e viños foron os protagonistas dun evento celebrado no Centro Astronómico Trevinca, organizado en conxunto polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras e o Concello da Veiga. Un total de 27 personas participaron na “Cata das Estrelas”, un evento no que, un total de cinco viños, catro brancos da variedade Godello e un tinto, da variedade Mencía, foron “maridados” con outros tantos fenómenos astronómicos, cuxa selección realizaron Jorge Mazaira, director técnico da D.O., e Óscar Blanco, director do Centro Astronómico, respectivamente.

A experiencia, calificada por ambos como “exitosa”, espera ser a primeira de outras colaboraciones desta índole, que desexan “poder volver a repetir no futuro”.

As catas acompañaronse dunha selección de pinchos inspirados en pratos tradicionais, ademáis dunha selección de queixos, embutidos, marmelo e turrón.