A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) colabora co Centro Superior de Hostalería de Galicia, referente na formación en Dirección Hostaleira, Cociña e Gastronomía en Galicia e a nivel internacional, para poñer a disposición 11 bolsas exclusivas para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería, que cobren entre o 80 e o 50 % da matrícula e en todos os casos o 100 % do aloxamento.
Desde a Apehl indican que os requisitos para poder matricularse son ter experiencia polo menos de seis meses nun negocio hostaleiro e superar unha entrevista persoal a distancia ou persoal. A matrícula está aberta ata o mes de setembro e todos aqueles interesados poden apuntarse xa cumprimentando o formulario dispoñible en apehl.es.
Para
mais información, calquera pregunta ou para matricularse poden contactar coa
Apehl no teléfono 982 22 69 12.