Valdeorras madruga para comezar a vedima 2024


O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras deu por iniciada este 21 de agosto a campaña de vendima 2024, sendo a primeira en comezar esta faena na data que celebra o 50º Aniversario do Plan Revival (Reestructuración de Viñedos de Valdeorras), que marcou un antes e un despois na forma de facer viño na comarca.

Para José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da D.O. Valdeorras, “foi algo extraordinario para a nosa zona, foi o plan que cambiou a nosa viticultura e que, entre outras moitas cousas, recuperou a Godello para Valdeorras e para o mundo”.

Desenrolado en 1974 por un grupo de adegueiros, enólogos, viticultores, e viveristas, co apoio das Oficiñas Agrarias Comarcais de Valdeorras, o Plan Revival foi o motor do rexurdimento e desenrolo sostible da viticultura na comarca, consolidando a Valdeorras como unha referencia de calidade e tradición no panorama vitivinícola nacional e internacional.

Durante cinco décadas, conseguiu a revitalización dos viñedos, rescatando as variedades autóctonas que, hoxe en día, se converteron en emblemas da rexión. Exemplos delo son a Mencía ou a Godello, desta última, o rescate foi da súa práctica extinción.