A Deputación da Coruña promove o I Congreso de turismo Gastronómico


A área de turismo da Deputación da Coruña presenta este venres a primeira edición do congreso de turismo gastronómico Degusta A Coruña que se enmarca dentro da iniciativa ‘A provincia que sabe’ co obxectivo de reivindicar a excelencia na cadea agroalimentaria da provincia.

Durante tres xornadas consecutivas e de xeito itinerante por diferentes municipios da provincia, reivindícanse produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración que desenvolven o seu traballo con parámetros de sostibilidade e calidade. Un percorrido de experiencias gastronómicas polo territorio no que se fala de compromiso coa contorna, co produto e coas persoas.

A presentación será no compostelano n Restaurante A Tafona e na mesma participará o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira; a cociñeira, Lucía Freitas e representantes das empresas de produtos locais que participan no congreso.