Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica na categoría “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola” resultou ser unha das entidades premiadas na XV edición dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais, celebrada en Madrid con motivo da conmemoración hoxe do Día Internacional da Muller Rural.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu á entrega destes galardóns que promove o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Balseiros aproveitou a ocasión para poñer en valor o papel das mulleres rurais a prol do seu desenvolvemento económico e social.