O Consello Regulador da D.O. Valdeorras presentou este venres 25 de outubro, o novo Plan Estratéxico de Promoción e o deseño das novas tirillas da Denominación de Orixe Valdeorras, que veñen a completar unha renovación integral da súa imaxe de marca.
Once meses transcurriron desde que o pasado 26 de novembro do 2023, a D.O. presentase a nova campaña “O godello é de Valdeorras, e agora tamén é teu”. Unha nova versión da web corporativa do Consello Regulador foi presentada a comezos do mes de outubro e, antes de concluilo, a D.O. presentou as novas etiquetas de viño xenérico que utiliza en diferentes eventos nos que participa, ademáis das novas tirillas de seguridade.
O deseño, que foi realizado pola empresa Bacigalupe Hermanos S.L., desenrolouse “dándolle continuidade ao actual, buscando unha imaxe máis moderna”. Así o explicou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da D.O. Valdeorras, quen apuntou ademáis que con él, quíxose aportar “a máxima seguridade”, coa intención de “dificultar a falsificación e o fraude”.
Durante os vindeiros tres anos nos que o Plan Estratéxico de Promoción levarase a cabo, o Consello Regulador realizará accións que conecten cos seus públicos máis relevantes, en mercados clave, “para amosar o que nos fai diferentes”, explicou Rodríguez Castellanos. O obxectivo, non é outro que “visibilizar e potenciar os atributos que fan diferente a nosa D.O.”, para así lograr posicionarse “como unha denominación de orixe de referencia” dentro e fora de España.