Vangarda para o diseño dos carteis das rutas do viño de Galicia



A campaña “Primavera de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia”, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coas rutas dos viños en 2025 e 2026, levará o selo de dúas deseñadoras que forman parte da vangarda artística nacional: Ana Barrado, de Cáceres, e Sonia Gallego, de Madrid. 

Isto é posible grazas á alianza entre Turismo de Galicia e Bodegas Terras Gauda para que os finalistas e premiados en cada edición da Bienal Internacional de Cartelismo–Concurso Francisco Mantecón presenten os seus carteis para optar a ser a imaxe publicitaria desta iniciativa de enoturismo.

Unha colaboración que está en vigor desde 2019 e que permitiu a Turismo de Galicia acceder a un elenco de artistas gráficos nacionais e internacionais de primeiro nivel. A deseñadora de Cáceres recibira o 1º Accésit no certame de Terras Gauda.

Para o concurso de Turismo de Galicia, este ano recibíronse 64 propostas de trece países de todo o mundo: Austria, Arxentina, Bulgaria, EEUU, España, Finlandia, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido, República Checa e Rusia.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, presidiu o xurado que se reuniu para elixir os carteis premiados, cos deseñadores gráficos de recoñecido prestixio Pati Núñez e Rodrigo Sánchez, que tamén formaron parte do xurado da Bienal en 2024. Así mesmo, participou o xefe de Área de Produto de Turismo de Galicia, Santiago Bacariza. Cada unha dos galardoadas recibirá como premio 5.000 €.