O Consello Regulador da D.O. Valdeorras da por finalizada a campaña de vendima deste 2024, cunha colleita récord que supera en máis de 200.000, os oito millóns de kilos de uva alcanzados na campaña do ano pasado.
A variedade estrela na comarca, a Godello, veu aumentado o seu volumen de recollida en máis de 400.000 kg, hasta os 6.100.000 kg, “resultado dunha dedicación cada vez máis especializada a esta uva, que derivou no aumento de aproximadamente 50 hectáreas máis de superficie de produción”. Así o explicou o director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira.
Tras a variedade de uva blanca Godello, sitúase a tinta Mencía, con 1,2 millóns de kilos producidos na comarca. Despois, aparecen outras variedades minoritarias como a branca Palomino Fino, con máis de 444.028 kgs, ou a Garnacha Tintoreira con 343.310 kgs.