Arranca o XIX Concurso de Tapas de Lugo


José Manuel Cela, vicepresidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo da capital luguesaforon os encargados de inaugurar en El Boni á XIX edición do Concurso de Tapas de Lugo. Desenvolverase ao longo de máis de dúas semanas, ata o 24de novembro. Posteriormente, na última fin de semana do mes, terá lugar a final (29 e 30 de novembro).

O certame está organizado pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo, ademais da colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia.

O gañador do concurso e as 12 tapas finalistas serán seleccionadas polo público, a través dos cupóns de votación que os clientes poderán depositar ata o 24 de novembro nas urnas dispoñibles en todos os locais participantes.