O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na presentación do Libro Blanco de los Lácteos celebrada na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Nela, destacou a importancia do leite nunha alimentación saudable e anecesidade de ofrecer información veraz sobre os produtos agrarios.
Nesta liña, puxo en valor a relevancia de iniciativas como esta, para facer fronte ás loiadas que circulan polas redes en relación ao sector primario. Indicou que unha das mellores ferramentas para combater a desinformación é mediante publicacións científicas rigorosas, pero escritas de xeito que sexan comprensibles para a maioría das persoas.
Por iso, afirmou que, tal e como recolle o libro, o leite e os seus derivados teñen múltiples beneficios para a saúde humana, pero que ademais, o sector lácteo en Galicia é o motor principal do noso agro. Por último, animou ao consumo de produto galego como xeito para manter un rural vivo e sostible.
Este libro conta co aval das Sociedades Españolas de Medicina de Familia e Comunitaria, de Endocrinoloxía e Nutrición e de Xeriatría e Xerontoloxía. A maiores, nel participaron sete autores principais -médicos de hospitais, universidades e centros de investigación españoles-, pero agrupa o esforzo de máis de 50 persoas do mundo científico.