Etiqueta Negra, agasallo gourmet en Pontevedra



O recinto feiral de Pontevedra acolle ata este luns 11 de novembro o salón gourmet Etiqueta Negra, punto de encontro de profesionais a público en xeral cos produtos galegos premium. Más de 100 expositores ofrencen unha ampla gama de viños, licores, cervexas artesás, mel, marmeladas, queixos, patés, carnes, embutidos, produtos frescos como cogomelos, algas e conservas, con propostas veganas e alimentos innovadores seleccionados pola súa orixinalidade e excelencia.

Etiqueta Negra é a única feira en Galicia que se enfoca exclusivamente en produtos gourmet, o que a converte nunha oportunidade ideal para descubrir as delicatessen autóctonas, e que conta con espazos como a 'zona de cata', onde os visitantes poden degustar unha gran variedade de produtos baixo a guía dos seus propios produtores. Esta zona ofrece unha programación continua de degustacións cada 30 minutos, permitindo aos asistentes coñecer a fondo as características organolépiticas e dietétics de cada produto.

Ademais, o salón ten p'rogramadas demostracións culinarias a cargo de chefs como Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau, que elaborará pratos innovadores utilizando ingredientes locais; ou a clase maxistral de Inés Cameselle, que elaborará a tradicional empanada de xoubas de Ces, imprtida no 'espazo etiqueta', entre outras moitas.

A Provincia que sabe

A Deputación da Coruña está presente no salón con stand propio para promocionar a marca "A provincia que sabe", no que os protagonistas son pequenos produtores do territorio coruñés, sendo ademais  o único stand que ten programación propia, con internsa actividade.