A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; e a directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; visitaron o expositor de Galicia no GastronomicForum Barcelona para promocionar os produtos de calidade diferenciada , incluíndo tamén os de Artesanía Alimentaria de Galicia.
Así, haberá unha aula de cata e degustación na que se levarán a cabo 15 accións para dar a coñecer a despensa galega. O espazo galego acollerá ata 15 accións para dar a coñecer a despensa galega con demostracións de cociña dirixidas por profesionais do mundo da restauración.
A maiores, no expositor institucional están representadas un total de 21 empresas coexpositoras, representando a práctica totalidade dos sectores agroalimentarios e do mar de Galicia. Así, hai conservas, mariscos, ovos, viños, porco celta, TerneraGallega e diferentes sobremesas, como xeados, meles ou augardentes, entre outras producións. Todas estas empresas contan, ademais, co selo de Galicia Calidade.
Neste foro, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou a aposta do Goberno galego pola enogastronomía recollida na Estratexia de Turismo 2030, referíndose especialmente ao produto e gastronomía como recursos propios e atractivos de primeira orde.
Durante a súa participación no Forum Gastronómico de Barcelona, xunto coa directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o director de Turismo de Galicia enmarcou a promoción dos produtos alimentarios nos mercados nacionais e internacionais, entre os que se atopa a cita na cidade condal, onde as empresas certificadas co selo Galicia Calidade amosarán aos visitantes a calidade dos mesmos e toda a potencialidade da gastronomía galega.