A Deputación da Coruña celebrou no Hotel NH Finisterre a I Gala de Turismo da Deputación, onde fixo entrega dos premios de turismo a 5 proxectos noputras tantas categorías, e tregou uns distintivos aos 8 xeodestinos da provincia e aos 2 entes de xestión das cidades de A Coruña e Santiago de Compostela,
Un xurado composto polas técnicas de turismo de Carballo, Dumbría e Ames, Maite Parga, Ada González Fernández e Sonia Moure Oliveira respectivamente, e o profesor da facultade de turismo da Universidade da Coruña, Carlos Rodríguez Carro, foi o encargado de elixir ás propostas gañadoras nas cinco categorías.
Na primeira delas, Mellor iniciativa de innovación e calidade turística, o xurado decidiu premiar ao Hotel–Restaurante Balarés (Ponteceso). Na segunda, Mellor iniciativa de sostibilidade social aplicada ao turismo, a Bela Fisterra. Na terceira, mMllor iniciativa da posta en valor da autenticidade do territorio o premio é para o proxecto “Eu fun de vivo” de Sergio Muíño (Cedeira), de posta en valor sustentable de San Andrés de Teixido. A cuarta categoría, o Mellor proxecto de turismo emerxente, o premio é para “Ruta Nacional VI”, un ‘road trip’ pola histórica carreteira N-VI entre Madrid e A Coruña. E, na última categoría, Toda unha vida dedicada ao turismo, o xurado decidiu recoñecer a traxectoria de Dolores García, “Lolita”, cociñeira e copropietaria de Casa Peto (Outes).
Ademais dos premios de turismo, a Deputación fixo entrega duns galardóns, unha obra de María Crúa, aos 8 xeodestinos da provincia e os dous entes de xestión das cidades de Santiago de Compostela e A Coruña: Ferrolterra; As Mariñas; Costa da Morte; Terras de Santiago; Ría de Muros–Noia; Barbanza–Arousa; Ulla–Tambre–Mandeo e Terras da Comarca de Ordes; Incolsa e o Consorcio de congresos e turismo da Coruña.
A Deputación recoñeceu así, o traballo do sector turístico da provincia, nunha gala conducida pola xornalista Lorena Pose, que contou coas intervencións do presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e que reuniu a máis de 150 asistentes.