Marcos Prada é o novo presidente do C.R.D.O. Valdeorras



O Consello Regulador da D.O. Valdeorras nombrou a Marcos Prada Ginzo como novo presidente, logo de aceptar a dimisión de José Ramón Rodríguez Castellanos. O novo presidente asume a responsabilidade co obxectivo de dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos no Consello Regulador.

Coñecedor do organismo, xa que exerceu como vicepresidente primeiro na pasada lexislatura durante o mandato de José Luis García Pando, Marcos Prada naceu en Suiza no 1979, onde residiu durante 18 anos.

É Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un MBA en Administración e Xestión de Empresas e tamén é experto en Marketing Dixital e Ecommerce no Sector Vitivinícola pola Galicia Business School.

O novo presidente, que fala alemán, francés e inglés, formou parte durante 12 anos do Departamento de Exportación de varias empresas adicadas á producción e comercialización da pizarra. Desde 2010 é xerente e copropietario de Adega Melillas e Fillos (ubicada na Rúa), ampliando a súa formación co curso superior en Dirección de Empresas Vitivinícolas pola GBS.