O Barbabza exibe músculo na súa Gala do Turismo


O auditorio de Ribeira acolleu e a II Gala do Turismo Barbanza - Arousa, organizada pola Mancomunidade de municipios desta comarca, co apoio da Deputación, para recoñecer o labor do sector turístico da bisbarra. O vicepresidente, Xosé Regueira, destacou durante a súa intervención a importancia da colaboración público privada, que posibilita “o éxito de proxectos como este de Barbanza – Arousa, de mellora da calidade, competitividade e sustentabilidade turística”.

Un dos obxectivo desta gala erta o de recoñecer o labor e premiar ás empresas e servizos distinguidos no Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). Así, fíxose entrega dos diplomas ás empresas participantes: un total de 49, das cales 16 empresas e servizos turísticos estrean o distintivo, e 33 renovan nesta anualidade; despois de superar as avaliacións deste selo de calidade no 2024. Entrega na que tamén participou o vicepresidente, Xosé Regueira.