A Deputación da Coruña apoia a candidatura de Ferrol a Patrimonio de Humanmidade


O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, pon en valor o apoio da da Institución provincial na presentación da candidatura de Ferrol a Patrimonio mundial da UNESCO.

A Deputación colabora con este proxecto "que enriquecería o catálogo UNESCO da provincia, sumando unha nova cidade como a Ferrol que reúne todos os ingredientes para ser patrimonio mundial: historia, patrimonio da Ilustración, militar, industrial, e unha contorna natural espectacular” sinalou Regueira

O Teatro Jofre acolleu o acto de presentación dos avances da candidatura (campañas 2023 e 2024) "Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración" a Patrimonio Mundial da UNESCO;