Ribeira Sacra propón limitar o rendemento en variedades tintas


O pleno do consello regulador Ribeira Sacra,acordou solicitar unha modificación de prego de condición en canto o rendemento máximo de kg por hectárea en variedades tintas pasando dos 9500 kg por hectárea actuais a 7500 kg/ h.. O acordo se lle remitirá a consellería de Medio Rural para a súa tramitación diante do Ministerio de Agricultura co obxectivo de modificar o de prego de condicións. Esta mediada entrará en vigor para a colleita 2025.

Aprobou tamén a limitación de novas plantacións co obxectivo de que non se poda aumentar o viñedo en cha, e priorizar a ribeira como eixe da nosa identidade. Nas zonas de bancais só se deixara inscribir novas plantacións en zonas que foran zonas de viñedo tradicional.

Por outra banda o Consello Regular insta á consellería de Medio Rural a solicitar a colleita en verde para a campaña 2025. De aprobarse esta medida creemos que pode ser útil a calquera viticultor que o ano que ben non consiga un contrato de compravenda. O importe da axuda é do 50 % da produción e do coste de eliminación do acio que unido á axuda de mantemento da paisaxe, e tendo en conta que non se incorren en gastos de vendima, redúcese o traballo é o gasto en tratamentos é menor..